Sunday 19 de May de 2024

Cea por todo o alto para despedir os cursos de cociña


Os alumnos e alumnas dos cursos de cociña organizados polo Concello de Ordes celebraron esta pasada fin de semana a finalización das súas clases. Como é de mandar a escusa foi perfecta para organizar un gran banquete non que non faltaron produtos típicos desta época do ano, como as orellas, periquitos ou filloas. Nesta ocasión os matriculados foron máis de 20, entre o grupo de iniciación e o de perfeccionamento. Todos eles aprenderon a confeccionar pratos como polo con olivas, solombo con follado e salsa de café, abadexo en salsa de mexillón, ameixas á mariñeira, coello á mostaza, risotos, semifrío de augardente ou torta de mousse de limón, entre outros.